FERRAMENTAS TEATRAIS PARA MÚSICOS
De que trata este programa?
DURACIÓN: trimestral, de outubro a xuño.
- Interpretación e estilo. Proxección e expresión.
- Presenza no escenario.
- Coñecementos da amplitude da textura vocal por parte do alumno.
- Traballaremos dende o corpo e o emocional. Técnicas de expresión escénica.
Se eu puiden,
ti tamén.
coñece á túa mestra
maría alkayali
Actriz e profesora de técnica vocal
ESTUDOS
- Grao Profesional de Canto no Conservatorio de Santiago (2018) e en Formación Actoral pola escola de teatro Espazo Aberto (2015).
- Niveis 1 e 2 de Estill Voice Training, coñecido popularmente como voicecraft, no 2019 e
actualización no 2021. Titulouse en Teatro Musical con Distinction en Grao 8, máxima cualificación da especialidade por Rockschool, e en canto moderno Grao 8 de Rockschool Vocals. Soprano no Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia dende 2013 e en El Acorde Secreto dende 2015.
EXPERIENCIA
- Cantante de eventos, corista en óperas (La traviata, La flauta mágica) e profesora de técnica vocal, piano e teatro con 7 anos de experiencia docente. Imparte clases dende o 2016 en Rock School Coruña, onde deu aulas a máis dun cento de alumnos, xa só 90 en clases individuais, preparándoos para 44 exames oficiais cun 100% de aprobados, un 90% acadando ou superando o notable e un
43% de sobresaíntes.
