OBRADOIRO DE CANCIÓNS
De que trata este programa?
Dende tempos remotos e en todas as culturas, o ser humano “musicaliza” os textos para vestilos dunha emoción especial.
A conxunción de música e texto, é dicir, a “canción”, é unha forma de expresión capaz de contar todas as cousas, de remitirnos ao pasado e ao presente tanto dos individuos como dos grupos, expresando calquera situación anímica, calquera relación social ou manifestación ritual.
DURACIÓN: trimestral, de outubro a xuño.
IDADE: +16 anos. Adultos e mocidade.
- BLOQUE 1: ESCRITURA CREATIVA DE CANCIÓNS
- BLOQUE 2: HARMONÍA APLICADA Á CANCIÓN
- BLOQUE 3: ARRANXOS E PRODUCIÓN MUSICAIS
Se eu puiden,
ti tamén.
coñece ao teu mestre
Tato López
Licenciado en guitarra clásica
ESTUDOS
- Licenciado en Estudos de Guitarra Clásica no Conservatorio Profesional de Santiago e profesor durante máis de 10
anos. - Compositor, cantautor e guitarrista, madrileño de nacemento e galego de adopción, con 20 anos nos escenarios e un habitual do panorama galego e nacional. Ten raíces andaluzas, madrileñas e catalás.
EXPERIENCIA
- Ten catro discos na súa carreira, Ritmo de Arena (2011), Más allá de las palabras (2015), Un lugar chamado mundo (2016) e Humano (2022).
Produtor e arranxador de todos os seus discos, así como compositor de música para obras de teatro, webseries (Quéreme soar), e proxectos de poesía e música con diferentes artistas, La voz de los metales, Amparo Carballo e Noctiluca, Beatriz López.
