GUITARRA E UKELELE
De que trata este programa?
DURACIÓN: curso lectivo. Unha hora semanal. De setembro a xuño.
IDADE: adultos e nenos a partires de 7 anos.
Nas clases de guitarra e ukelele revisaranse aspectos como:
- Técnica
- Improvisación
- Repertorio
Estilos musicais: todo tipo de técnicas e linguaxes, solfeo ou cifrado, acordes e escalas, técnicas, modos, harmonía clásica ou moderna.
Se eu puiden,
ti tamén.
coñece ao teu mestre
Tato López
Licenciado en guitarra clásica
ESTUDOS
- Licenciado en Estudos de Guitarra Clásica no Conservatorio Profesional de Santiago e profesor durante máis de 10 anos.
- Compositor, cantautor e guitarrista, madrileño de nacemento e galego de adopción, con 20 anos nos escenarios e un habitual do panorama galego e nacional. Ten raíces andaluzas, madrileñas e catalás.
EXPERIENCIA
- Ten catro discos na súa carreira, Ritmo de Arena (2011), Más allá de las palabras (2015), Un lugar chamado mundo (2016) e Humano (2022).
Produtor e arranxador de todos os seus discos, así como compositor de música para obras de teatro, webseries
(Quéreme soar), e proxectos de poesía e música con diferentes artistas, La voz de los metales, Amparo Carballo e Noctiluca, Beatriz López.
