A ESCOLA

Casa da Trova é unha escola de música especializada en guitarra e voz, pero sobre todo, de formación en composición.

Unha escola única en canto á formación na creación de letras e música. Un oficio no que ambas disciplinas apréndense dende cero. Damos formación en técnica vocal, harmonía, guitarra, ukelele e diferentes disciplinas relacionadas co mundo da canción.

Unha Casa onde facemos encontros para acoller tamén a trobador@s de todo o mundo, onde poidan dar a coñecer en profundidade o oficio da canción dende o seu traballo.

Un espazo de arte, onde contamos cunha ampla oferta de cursos monográficos especializados en diferentes artes. A nosa filosofía principal é converterse nun lugar onde todos poidan aprender e todos teñan algo que ensinar.

Goza da música e da creatividade dende un punto de vista único!

A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo.

- Nelson Mandela

Tato Lopez

T

Tato López

Compositor, produtor, cantautor e guitarrista, con 20 anos de carreira nos escenarios, é habitual na escena tanto galega como nacional.
Graduado en estudos de guitarra clásica no Conservatorio profesional de Santiago e docente dende hai máis de 10 anos.
Conta con catro discos na súa carreira, e varias producións musicais de éxito tanto como cantautor como en artes escénicas.
Fundador de Casa da Trova en 2022, escola de cancións, guitarra e composición e lugar de encontro da troba tanto nacional como internacional.
www.tatolopez.es

Maria Alkayali

M

María Alkayali

Actriz e profesora de técnica vocal. Titulada en Grao Profesional de Canto no Conservatorio de Santiago (2018) e en Formación Actoral pola escola de teatro Espazo Aberto (2015).
Niveis 1 e 2 de Estill Voice Training, coñecido popularmente como voicecraft, no 2019 e actualización no 2021. Titulouse en Teatro Musical con Distinction en Grao 8, máxima cualificación da especialidade por Rockschool, e en canto moderno Grao 8 de Rockschool Vocals. Soprano no Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia dende 2013 e en El Acorde Secreto dende 2015.
Cantante de eventos, corista en óperas (La traviata, La flauta mágica) e profesora de técnica vocal, piano e teatro con 7 anos de experiencia docente. Imparte clases dende o 2016 en Rock School Coruña onde deu aulas a máis dun cento de alumnos, xa só 90 en clases individuais, preparándoos para 44 exames oficiais cun 100% de aprobados, un 90% acadando ou superando o notable e un 43% de sobresaíntes.

Yolanda

Y

Yolanda Eiras

Mestra de educación musical, cantante, creadora e contacontos dende o 1998 ata hoxe. Licenciada en E. Musical.
Grao profesional de piano nos Conservatorios de Santiago de Compostela e de Ribeira.
CURSOS NA ESPECIALIZACIÓN DAS NOVAS PEDAGOXÍAS MUSICAIS Wuytack, Fernando Palacios, Patxi del Campo (musicoterapia) e Susa Herrera, todos nas universidades de Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela.

Ale Garcia

A

Alejandro García

Natural de Negreira, A Coruña, onde comeza os seus estudos musicais como alumno na Escola Municipal de Música.
Catro anos despois accedería ao Grao Profesional no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, estudando a especialidade de piano da man de Mar Fernández.
No ano 2019 comeza a especialidade de Pedagoxía da Linguaxe Musical no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, obtendo o Título Superior de Música.
Impartiu clases de piano e linguaxe musical en diversas escolas, ademais de colaborar en diversas ocasións coa Banda Ateneo de Negreira e a Banda de Música Municipal de Valga. Dende o 2018 ata a actualidade desempeña o labor de director no Coro da Asociación de Xubilados de Negreira.

Contáctanos

617 935 073

acasadatrova@gmail.com

Basquiños 36, Santiago de Compostela.

Scroll ao inicio