TÉCNICA VOCAL E
INTERPRETACIÓN

De que trata este programa?

DURACIÓN: trimestral, de outubro a xuño. Individuais e grupais.

IDADE: nenos a partires de 7 anos/adultos a partires de 18.

  • Adestramento físico.
  • Coñecementos de respiración.
  • Coñecemento do aparello vocal mediante a práctica.
  • Estiramento do diafragma e o seu uso.
  • Vocalización.
  • Coñecemento das notas, mediante vocalizacións, traballo de afinación.
  • Vocalización co piano, para coñecer a tesitura do alumno e traballar dun xeito específico coa voz.
  • Coñecemento da amplitude da textura vocal por parte do alumno.
canto3
canto4

Se eu puiden,

ti tamén.

coñece á túa mestra

Maria Alkayali

maría alkayali

Actriz e profesora de técnica vocal

ESTUDOS

  • Grao Profesional de Canto no Conservatorio de Santiago (2018) e en Formación Actoral pola escola de teatro Espazo Aberto (2015).
  • Niveis 1 e 2 de Estill Voice Training, coñecido popularmente como voicecraft, no 2019 e
    actualización no 2021. Titulouse en Teatro Musical con Distinction en Grao 8, máxima cualificación da especialidade por Rockschool, e en canto moderno Grao 8 de Rockschool Vocals. Soprano no Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia dende 2013 e en El Acorde Secreto dende 2015.

EXPERIENCIA

  • Cantante de eventos, corista en óperas (La traviata, La flauta mágica) e profesora de técnica vocal, piano e teatro con 7 anos de experiencia docente. Imparte clases dende o 2016 en Rock School Coruña, onde deu aulas a máis dun cento de alumnos, xa só 90 en clases individuais, preparándoos para 44 exames oficiais cun 100% de aprobados, un 90% acadando ou superando o notable e un 43% de sobresaíntes.
Yolanda

YOLANDA EIRAS

Mestra de educación musical, cantante, creadora e contacontos

ESTUDOS

  • LICENCIADA EN EDUCACIÓN MUSICAL pola
    Universidade de Santiago de Compostela (USC).
  • PRIMEIRO CICLO DE GRAO PROFESIONAL NA ESPECIALIDADE DE PIANO nos Conservatorios de Santiago de Compostela e de Ribeira.
  • CURSOS NA ESPECIALIZACIÓN DAS NOVAS PEDAGOXÍAS MUSICAIS: Wuytack, Fernando Palacios, Patxi del Campo (musicoterapia) e Susa Herrera, todos nas Universidades de Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela.
  • MONITORA DE TEMPO DE LECER.
  • CURSOS DE VOZ, TEATRO E DANZA: Voice Craft, actualmente formación teatral na escola Crearte e flamenco na escola Lodanzas.

EXPERIENCIA

  • MESTRA DE MÚSICA E MOVEMENTO, LINGUAXE MUSICAL E INICIACIÓN Ó PIANO dende 1998 no CRA de Dodro, Asociación Solfa (Fontiñas), Sociedade Cultural Padronesa, CEIP Rosalía de Castro (Padrón), CEIP Raíña Fabiola, CEIP Sta Marta, CEIP Pío XII (neste último durante 7 anos, rematando no ano 2014).
  • MESTRA DE EDUCACIÓN MUSICAL EN INFANTIL E PRIMARIA no CPR Nuestra Señora del Rosario (Arzúa), en 2015-2016 e 2019-2020.
  • DIRECCIÓN CORAL dende 2005. Coral A Barcarola (Pontecesures), Coral de Pontepedriña (Santiago de Compostela), Coro Xuvenil de Herbogo (Rois), Coro parroquial de Carcacía (Padrón), Coral Amigos do Castiñeiriño (últimos 12 anos ata hoxe), Coral Val do Sar (actualmente).
  • CREACIÓN DE ESPECTÁCULOS, COMPOSICIÓN MUSICAL E CONTACONTOS dende 2007.
    Espectáculos e contacontos: Rosalía entre nós, Baldras o xigante (publicado en Xerais, 2007), A árbore calada, Adila, A Loba Antea, Rosa (en proxecto).
    Composición musical e interpretación en recitais poéticos: Homenaxe ó poeta Eusebio Lorenzo Baleirón (Concello de Dodro, 2013), 150 Aniversario de Cantares Gallegos (Concello de Padrón 2013) e colaboracións noutros ámbitos.

Reservar unha clase!

Scroll ao inicio